A folga do comercio de alimentación toma as rúas de Ribeira

RIBEIRA> Hoxe viviuse a terceira das catro xornadas de folga convocadas polos catro sindicatos maioritarios no sector do comercio da alimentación na provincia da Coruña: CIG, CC. OO, UXT e USO, e fíxoo con especial protagonismo en Ribeira, onde ademais das concentracións e actos reivindicativos en diferentes supermercados da localidade, tiña lugar unha manifestación que percorreu as rúas da cidade.

Os traballadores reclaman melloras laborais e salariais, denunciando o bloqueo e o inmobilismo por parte da patronal na negociación do convenio colectivo do sector que os equipare ó resto de provincias galegas.

A consecuencia dos paros, foron moitos os establecementos da comarca acollidos ó convenio provincial que permaneceron pechados na xornada de hoxe.

Un paro que terá continuidade mañá, na xornada festiva, poñendo fin a catro xornadas de folga no sector.

Aínda que din que continuarán ata facer valer as súas demandas, sen descartar novas posibles mobilizacións ou outras accións reivindicativas.