RIANXO> O vindeiro luns arrancará a campaña do bou de vara que se retrasará este ano ó coincidir a festividade de Tódolos Santos en xoves.
{flowplayer}barbanza/previsionsboudevara.flv{/flowplayer}
A flota do bou de vara de Rianxo, xunto con Cambados unha das máis numerosas de toda Galicia, ten previsto arrancar a campaña deste ano o vindeiro luns. Os mariñeiros que se dedican a esta arte na localidade decidiron agardar ata o luns para o comezo da actividade, a pesar de que a consellería do Medio Rural e do Mar permite a este colectivo traballar a partir do un de novembro. O feito de coincidir o festivo en xoves, foi a principal razón que os levou a tomar esta decisión. Segundo o patrón maior, Baltasar Rodríguez Alcalde, a campaña ábrese con boas expectativas, despois dos muestreos realizados nas últimas semanas que veñen a evidenciar a existencia de gran cantidade de zamburiña.
Segundo o máximo responsable do pósito rianxeiro, a apertura do bou permitirá ademais aliviar as actuais concesións de libre marisqueo, xa que moitos mariscadores alternarán agora con esta arte, que ademais da zamburiña, tamén recolle outro tipo de especies pequenas como é o caso da nécora, o chopo ou a faneca.
Ata marzo
A campaña do bou de vara prolongarase ata marzo.
Redacción Barbanza