Condes de Albarei inicia as labores de vendima en Pazo Baión

    vendima_pazobaioncopy.jpgVILANOVA> 60 persoas participarán no proceso que se prolongará unha semana. Nas 22 hectáreas da propiedade agardan recolectar cen mil quilos de uva.

    {flowplayer}images/salnes/COMEZA_VENDIMA_PAZO_BAION.flv{/flowplayer}

    A Cooperativa Condes de Albarei deu comezo esta mañá ás labores de vendima en Pazo Baión. Aínda que non estaba planificado para hoxe a previsión de choivas para a vindeira semana fixo que se decidisen por iniciala recolección do que vai a ser a colleita 2012. E é que malia que foi un ano complicado, a nivel fitosanitario as uvas xa estaban nas súas condicións óptimas.

    Aínda así a previsión inicial de Pazo Baión é que a vendima se prolongue durante unha semana. Para elo, unhas sesenta persoas traballarán arreo para procesar toda a uva que entre en adega. Parte delas contratadas grazas ó seu compromiso de contar con exdrogodependentes, froito dun convenio asinado coa Consellería de Sanidade.

    A estimación de Pazo Baión é a de recolectar de ó redor de cen mil quilos. Pouca diferenza con respecto ó ano pasado debido á ubicación das 22 hectáreas de viñedo e ó coidado que se fai das mesmas.

    Unha vez colleitada a uva é procesada directamente nas instalacións do Pazo. Con respecto ós socios de Condes de Albarei, estes verán retrasado o inicio da vendima pola chegada das choivas.

    Redacción Salnés