A campioa paralímpica Susana Rodriguez visita Ribadumia grazas ao alumnado do CPI Julia Becerra

RIBADUMIA> A Campioa paralímpica Susana Rodríguez visita Ribadumia dentro dun proxecto educativo do CPI Julia Becerra Malva. O alumnado encargouse de organizar a charla e fixo todo tipo de preguntas a atleta. Susana compartiu con eles as súas experiencias e incentivounos a loitar polos seus soños a pesar das adversidades.

O alumnado de 3º da Eso do CPI Julia Becerra Malvar levou a cabo un proxecto de periodismo na escola que rematou coa visita a Ribadumia da campioa paralímpica Susana Rodríguez. Os estudantes recompilaron toda a información sobre a atleta e organizaron unha chala no auditorio municipal.

O alumnado conseguiu contactar con Susana grazas a que a súa irmá fora mestra neste centro. A atleta achegouse a Ribadumia para compartir cos estudantes as súas experiencias e incentivalos a loitar polos seus soños a pesar das adversidades.

O estudantado encargouse de traer a deportista a Ribadumia, contactar coa prensa e facerlle as súas propias preguntas. Para as mozas e mozos foi unha experiencia única.

Susana Rodríguez naceu con albinismo cutáneo e cunha deficiencia visual de máis dun 90%. Unhas minusvalía que non frearon á atleta galega a conseguir as súas metas, no seu palmarés conta coa medalla de ouro en tríatlon adaptado, 4 campionatos do mundo e dous de Europa, ademais de rematar os seus estudos en fisioterapia e medicina. Todo un exemplo de superación do que puideron gozar e aprender o alumnado do CPI Julia Becerra Malvar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí