A Xunta traballa co sector empresarial e de educación do Salnés para crear ciclos formativos duais

VILAGARCIA> Crear formacións profesionais duais nas que a ensinanza sexa beneficiosa para alumnos e empresas. Con este obxectivo a Xunta de Galicia desenvolve o plan conecta FP Galicia. Unhas xornadas na que os centros escolares e o tecido empresarial da comarca traballan en común para crear formacións segundo as demandas das compañías. Este mércores o plan chegou ao CIFP Fontecarmoa onde os sectores empresarial e educativo analizaron as potencialidades e necesidades da comarca.

A xunta de Galicia está desenvolvendo polas diferentes comarcas da comunidade o Plan Conceta FP Galicia. Unha xornadas de encontro entre o sector empresarial e o sector da educación para coñecer as potencialidades e necesidades de cada comarca e crear novas formacións profesionais.

Para que estas formacións sexan un éxito, a Xunta en colaboración cos sectores realizarán un deseño de ofertas formativas acordes as características das empresas de cada comarca.

A consellería de educación incrementará en 9500 as prazas de alumnado de formación profesional nos vindeiros dous anos. Un centro que está chamado a crecer e acoller novo alumnado e o CIFP de Fontecarmoa. Espazo no que se realizou a xornada no Salnés.

Esta educación dual é beneficiosa para ambas partes, xa que o alumnado se forma en empresas que demandan emprego, e as compañías obteñen persoal cualificado.

O éxito desta formación dual vese na inserción laboral. Os fps convencionais teñen unha taxa de contratación dun 85%, mentres nos FP duais que xa están en marcha, a inserción laboral é do 100%.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí