Puertas asegura que a cesión da Comandancia non se resolve nun mes

    javier_puertas100.jpgVILAGARCÍA> O presidente do Porto asegura que hai dispoñibilidade pero nega que baste un mes para tramitar a cesión da Comandancia para o ambulatorio.

    {flowplayer}images/salnes/javier_puertas_comandancia.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> O presidente da Autoridade Portuaria explica que o protocolo de colaboración firmado en febreiro de 2009 con Sanidade nunca foi informado ó consello de administración do porto, tampouco se solicitou informe ó avogado do Estado. Un asunto, o da cesión da Comandancia, que tampouco lle trasladaron no traspaso de funcións. Para Javier Puertas, isto deixa claro que é ‘só un protocolo de intencións’.

    Puertas aclara tamén que non se pode falar de cesión, xa que o que entra no protocolo é un convenio de utilización de dominio público. Segundo sinala, para poder facelo sería preciso un informe técnico do director do Porto, o convenio habería que trasladalo ó avogado do Estado, iría ó consello de administración e logo firmaríase.

    Puertas tamén explica que o solar da Comandancia revertíu ó Porto no ano 2006 e que non está incluído no plan de usos, polo que hai que asignar un uso portuario. Isto suporía máis trámites administrativos, tanto do porto como do Concello, Xunta e Ministerio de Fomento. Pero ademais a Autoridade Portuaria tería que modificar o PERI, e pasaría de novo polo consello de administración e polo Concello. Feito todo isto é cando se podería firmar o convenio.

    Puertas lembra ademais que nuns días as oficinas do Porto trasladaranse á Comandancia, mentres está en obras a sede actual, o que podería durar ano e medio. O presidente da Autoridade Portuaria afirma que a ‘dispoñibilidade é total se o solicita Sanidade, pero non se resolve nun mes’.

    Redacción Salnés