![]()
BARBANZA > O Grupo de Desenvolvemento Rural 25 mantivo unha asamblea xeral na que se perfilaron as liñas de traballo desta asociación.
{flowplayer}barbanza/gdr.flv{/flowplayer}
No encontro, celebrado no coliseo Noela de Noia, no que participaron máis de medio cento de persoas, déronse os primeiros pasos para comezar a definir o programa de desenvolvemento do territorio da comarca da Barbanza e Muros e Noia.
A principais liñas de traballo serán a busca de solucións ao abandono do rural a través de iniciativas que impulsen actividades económicas e a mellora medioambiental do entorno.
Agrupación independente
O presidente do grupo de desenvolvemento rural, Andrés Teira, quixo deixar claro que o traballo que leve a cabo a asociación estará a marxe de vinculacións políticas. Tal e como asegurou Teira, o grupo funciona co principio de portas abertas a admitir calqueira entidade ou institución pública con implantación no territorio que desexe participar no proxecto, polo que sentenciou aqueles que non participan e porque se autoexcluiron.
Dobre candidatura
Tampouco quixo entrar en polémicas no tocante a presentación doutra candidatura por parte da asociación Deloa para xestionar os fondos Leader nesta comarca. A situación prexudica a ambas candidaturas dado que a convocatoria esixe que tan so haxa un grupo por cada comarca designada.
Outra proposta que tamén se aprobou na reunión foi o emprazamento da sede do Grupo no concello de Noia e o cambio de nome da entidade, que deixa de denominarse coas siglas GDR 25 para ser Tamaria, dado que Terra do Támaros era o nome que en tempos dos romarnos recibia a área territorial que abarca este grupo de desenvolvemento Rural.
Redacción Barbanza









