RIBEIRA> A Conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou a escola infantil municipal de Ribeira. Alí, supervisou as melloras que se están a acometer no centro grazas á unha achega do departamento que dirixe.
Xa están en marcha as obras que permitirán mellorar os servizos na escola infantil de Ribeira. Ademais da instalación de gas, procederase á colocación dun toldo no patio exterior así como a renovación do parque infantil. As melloras serán posibles grazas á subvención de dezasete mil euros enmarcada na orde de axudas da Consellería de Política Social. Orde que, segundo informou a Conselleira, vén de ser ampliada en catrocentos mil euros para poder beneficiar a máis concellos.
O alcalde de Ribeira destacou a importancia de seguir a investir en servizos como a gardería, que facilitan a conciliación familiar de preto de duascentas familias do municipio.
O alcalde de Ribeira quixo agradecer ademais a implicación da Consellería co concello, nos distintos departamentos que dependen de servizos sociais.