O prezo dos alugueiros no Barbanza chega a cuadriplicarse durante o verán

    BARBANZA> O prezo dos alugueres chega a multiplicarse por cinco durante a temporada estival. Un apartamento que se oferta no Barbanza a uns 350 euros ao mes no inverno, durante os meses de verán chega a alcanzar os 700 euros euros a quincena. A paisaxe natural, a gastronomía e a tranquilidade son algunas das cousas que máis valoran os turistas cando visitan o Barbanza. Agora sí, para gozar destes luxos teñen que pagar o seu. O incremento do prezo do aluguer, sobre todo, nas zonas máis próximas á costa, chegan a ofrecerse catro veces máis caros ca no inverno. Por exemplo, na Pobra do Caramiñal, atopamos un piso que ofrece o seu aluguer en agosto: a 350 euros a semana. E o resto do ano, a 250 euros o mes enteiro. Algo máis de cinco veces máis barato. E aínda que o prezo do aluguer suba moito na temporada estival respecto do resto do ano, os visitantes da zona agradecen que non o faga tanto coma noutras zonas de Galicia. Xa se sabe, a lei da oferta e a demanda, pero habería que tentar de explicarlla aos petos dos veraneantes.