A urbanización de Valdecorvos contará con 502 vivendas protexidas

    valdecorvos_100.jpgPONTEVEDRA  > A urbanización de Valdecorvos estará conformada por 502 vivendas protexidas, das cales 132 serán promovidas pola propia Consellería de

    … Vivenda. O resto, levaraas a cabo o sector privado. Deste xeito a urbanización cumprirá con dous obxectivos. Por un lado ofertará vivendas de calidade ós cidadáns con menos recursos, e por outra banda, ofreceralle carga de traballo a un sector, o da construción, que precisa un impulso económico nesta época de crise. E é que o polígono residencial é tamén para o Goberno da Xunta unha aposta por sumar esforzos, tanto das administracións públicas coma do sector privado, para facerlle fronte á situación económica.

    Antes de que remate este ano a Consellería vai licitar os traballos da construción das vivendas promovidas pola Xunta, e este mes xa van a saír á poxa as parcelas de promoción privada ás que poderán optar os promotores. Para o mes de maio está previsto que rematen os traballos de urbanización do polígono residencial, presupostados en 18 millóns de euros, e que tamén inclúen espazos para uso comercial e zonas verdes. Logo comezarase a construción das vivendas, situadas cerca do centro da cidade, e que estarán comunicadas a través de varios enlaces.

    Redacción Salnés