O Extrugasa estará ó completo a finais desta semana

baloncesto250_180908.jpgVILAGARCÍA > O Extrugasa disputou onte o seu segundo test de pretemporada en Ourense ante o Pabellón, ó que venceu sen problemas. Hoxe tocou sesión de recuperación na praia de Compostela onde estiveron tódalas xogadoras do primeiro equipo a excepción de Tamera Young e Victoria Sholokhova, que chegarán a finais de semana.

{flowplayer}images/salnes/extrugasa_180908.flv{/flowplayer} 

Comeza a tomar forma o Extrugasa. Son xa sete as xogadoras do primeiro plantel as que ten á súa disposición Isaac Fernández. Só faltan dúas das fichaxes: a estadounidense Tamera Young, que chegará mañá venres, e a rusa Sholokhova, que por problemas administrativos retrasará a súa viaxe a Vilagarcía ata o sábado.

As que sí chegaron foron Jaklin Zlatanova e Merediht Alexis. No caso da pívot o equipo técnico levouse unha sorpresa xa que os informes de Alexis falaban dunha pivot de 195 cms., cando en realidade mide 1,88.

Agora tocará afinar forma física e traballar para que as xogadoras se adapten ó sistema antes do inicio dunha competición ligueira que se prevé moi igualada.Non haberá que agardar moito para inicio da competición, será dentro de quince días, o 4 de outubro. O Extrugasa debuta fóra da casa ante o Gran Canaria. Antes, o sábado en Ferrol, disputan as semifinais da Copa Galicia ante o Pío XII de Santiago, a partires das 18:00.

Por outra banda, onte en Ourense, non tiveron problemas para vencer a un rival de LF2, o Pabellón, por 51-86. 

Redacción Salnés