As obras da gardería da Parda encárense en máis de 200.000 euros

    gardera_parda_100.jpgPONTEVEDRA > O aumento do presuposto da gardería da Parda e o retraso das obras, que segundo o PP, están a ter os traballos, son para o grupo popular do Concello …

    … unha falta de responsabilidade por parte do executivo local. O motivo dado polo partido da oposición é que esta infraestrutura se encareceu nun 20 por cento trala modificación do proxecto da empresa construtora, que non tivo en conta dende un primeiro momento o estudo xeotécnico existente sobre as características do terreo. Un espazo cunha alta cantidade de pedra no firme, que obrigou a parar as obras en xullo, tan só dez días despois de que estas comezasen, e que obrigou a reconsiderar o modelo da cimentación e da estrutura do edificio, que agora custará 219.000 euros máis do millón de euros presupostado nun comezo. O Partido Popular de Pontevedra pregúntase se este concurso terá que volver a convocarse, tralo aumento do orzamento, e tamén pide responsabilidades sobre o porqué non se tivo en conta dende o comezo o estudo xeotécnico do terreo da Parda.

    As obras seguen en marcha e sen atrasos 

    Dende o executivo local aseguran porén que este informe si se tivo en conta, e xustifican os cambios introducidos en que as indicacións ofrecidas polo estudo non se axustan ás características do terreo. Por isto insisten en que foi preciso variar a cimentación e a estrutura inicial da gardería. Ademais, o goberno municipal tamén engade que a actuación nunca estivo parada, neste momento estase a acometer un muro de contención, e que estes cambios non van afectar ó ritmo das obras nin ó proxecto inicial.

    Redacción Salnés