O Vilagarcía colócase oitavo antes da xornada de descanso

platu250_180908.jpgSALNÉS > Aínda quedan dúas xornadas e seis mangas por disputarse pero a vicoria semella estar bastante complicada para o barco liderado polos irmáns Carlos e Antón Paz.

O Vilagarcía San Miguel 0,0 continúa coa súa particular remontada no Campionato do Mundo de Platú 25 que se está a disputar estes días na costa da illa grega de Creta.

Na xornada de onte puidéronse celebrar dúas mangas nas que os irmáns Paz sumaron un 18º posto e un 5º, o que lles coloca na oitava posición da xeral.

Hoxe toca xornada de descanso e despois restarán outros dous días de competición. Poderían escalar algunha posición máis aínda que o título semella bastante complicado, sobre todo tralos resultados sumados nesta última xornada.

Agora, o que parte con máis opcións ó título é outro barco español, o Bribón do catalán Marc de Antonio, tras completar onte un brillante día de competición.

Redacción Salnés