Os bateeiros de Pladimega manteñen a vixilancia nos peiraos

    piquetes100_180908.jpgVILANOVA > Os bateeiros de Pladimega seguen presionando nos peiraos, vixilando que non se faga ningunha descarga de mexillón.

    {flowplayer}images/salnes/piquetes.flv{/flowplayer}

    VILANOVA > O sector maioritario dos mexilloeiros segue coa folga e espera poder chegar a un acordo coa zona sur de Galicia, a ría de Vigo e a de Pontevedra, trala reunión que mantiveron onte. Tamén esperan sentarse a falar co sector minoritario. De momento, seguen presionando nos peiraos vixiando que non se faga ningunha descarga.

    Agustín Pose, voceiro de Pladimega, asegurou que ían seguir facendo presión con esta folga ata que se lles dera unha solución. O que piden é que o tratamento sexa o mesmo para todos. Outro dos voceiros de Pladimega, Julián García, informou esta mañá que os asesores xurídicos comezaron xa coas denuncias pertinentes polas agresións que se produciron o martes e dixo que seguramente esta mañá xa estarían varias das denuncias no xuzgado.

    Julián García informou que trala reunión de onte coa zona sur de Galicia, ría de Vigo e a de Pontevedra, esperan chegar nestes días a un acordo, xa que viron un avance nas negociacións. Esperan tamén poder sentarse pronto co sector minoritario para pórse de acordo. Estes últimos indicaron que de momento non ían facer ningunha descarga ata que se solucionen as cousas. Pladimega desconfía e por iso seguen alerta nos portos.

    En canto ó bateeiro que resultou ferido tralos enfrontamentos do martes, Agustín Pose indicou que evoluciona de maneira positiva.

    Redacción Salnés