Os pontevedreses poderán aforrar un millón e medio de euros

    conxelacin_impostos_100.jpgPONTEVEDRA > Ó redor dun millón e medio de euros van quedar no peto dos pontevedreses tralas medidas de redución da presión fiscal que vai levar a cabo o executivo

    … local para paliala crise económica. Polo menos, isto é o que vai deixar de ingresar o Concello coa recadación dos impostos. As taxas universais que lle afectan os veciños, coma a recollida do lixo ou o abastecemento de auga, ou ben van quedar conxeladas ou van crecer por debaixo do IPC. O obxectivo é que a media da suba das 26 ordenanzas fiscais sexa de entre un 1,2 e un 1,3 por cento, cando nunha situación normal debería ser do 5,3.

    O executivo local de Pontevedra pretende reactivar a economía local con esta medida. Vai gañar menos, ó redor dun catro por cento, pero pola contra os cidadáns van seguir contando cos mesmos servizos. A razón, a boa saúde financeira do Concello, que dispón agora de 49 millóns de euros en tesourería, que lle van permitir levar a cabo as súas medidas de choque contra a actual crise económica. Outra das medidas do Concello vai ser a contratación nos próximos meses de obras a realizar ata o final do mandato municipal. Mañá estas propostas serán sometidas á consideración do pleno da corporación.

    Redacción Salnés