RIBEIRA> O Club Náutico de Ribeira, co patrocinio da firma Gadis, organiza os días 19 e 20 deste mes de agosto a Regata GADIS.
Este ano a proba ten unha particularidade en relación a anos anteriores, xa que a competición estará destinada á vela infantil e xuvenil das Clases Optimist e ILCA 4, respectivamente.
Na proba agárdase unha participación duns 80 rapaces procedentes de clubs de toda Galicia.
Dende Gadis destacaron a importancia desta proba, que forma parte da política de empresa, de promocionar o deporte, en concreto neste caso a vela, e máis se cabe cando os protagonistas son os máis cativos.