RIANXO> O Plan de Libre Xestión do Libre Marisqueo de Rañeir@s da Ría que vén de ser aprobado pola Xunta tan só contempla a súa aplicación nos tres bancos principais de Arousa. A entidade solicita á Consellería que aclare a xestión prevista para o resto das zonas, que supoñen unha superficie de terreo equiparable ós Lombos e Cabío.
A intención de Rañeir@s da Ría é desenvolver un plan de xestión integral en tódolos bancos de libre marisqueo de Arousa. Sen embargo, na proposta aprobada pola Consellería non figuras as denominadas outras zonas o que, segundo a entidade, condicionaría o desenvolvemento do plan.
Demandan saber o modelo de xestión que se vai artellar para estas zonas; se ben o asumirá directamente a Consellería do Mar ou dependerán doutros pósitos da ría.
Á espera da resposta da Consellería, dende a entidade demandan tamén un encontro coa administración para coñecer as liñas de subvención previstas de cara a facer fronte ós gastos de control, vixilancia e rexeneración dos bancos.