![]()
CAMBADOS> A Festa do Albariño deste ano non estará organizada por un padroado. Finalmente, o concello de Cambados decidiu aprazar esta fórmula para vindeiras edicións, despois de atoparse con dificultades administrativas que complicaban a súa posta en marcha neste 2016. Así o explicou o concelleiro de Cultura Víctor Caamaño que asegurou que segue a ser a opción favorita polo goberno cambadés.
A creación dun padroado que organice a Festa do Albariño terá que agardar. Así o explicou esta mañá o concelleiro de cultura. Segundo Víctor Caamaño, a fórmula presenta unha serie de dificultades que deben analizar antes de poñela en marcha.
Caamaño insistiu en que esta segue a ser a opción preferida polo goberno de Cambados: a creación dun padroado que implique a todos os sectores relacionados coa Festa.
O concelleiro de cultura asegurou que o goberno está a traballar nesta edición da Festa do Albariño dende o ano pasado. Hoxe abriuse o prazo para escoller o cartel para este 2016. Ata o vindeiro 3 de xuño, os que queiran poden presentar as súas propostas no concello. Uns deseños que, para evitar os problemas do ano pasado, terán que ser completamente orixinais e inéditos.
O encargado de escoller o gañador será un xurado formado polo propio Caamaño, por un representante do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas e por artistas galegos, e recibirá un premio de 500 euros, douscentos máis que o ano anterior.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/19/ptac_carteis_albarino.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/19/ptac_carteis_albarino.mp4{/flowplayer}










