A reforma á estrada comarcal 550, ó seu paso polo lugar de Dena en Meaño non satisfai ó Concello, posto que encontra nela tres deficiencias salientables que solicita que se amañen canto antes. Unha delas ten certa perigosidade ó tratarse dunha rotonda que se presenta case por sorpresa ante os conductores, co consecuente risco que implica. … O Delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Touris, reuniuse sobre o terreo ca Alcaldesa. Unha visita na que se fixo acompañar polo responsable de obras, co fin de ofrecerlles solucións inmediatas a estas propostas, nunha estrada que lle supuxo ó executivo autonómico unha inversión de en torno ós 600.000 euros. Tanto a Xunta de Galicia como a propia alcaldía de Meaño agardan a que estas solucións estean executadas no menor tempo posible. Redacción Salnés {flowplayer}images/salnes/visita_cores_touris.flv{/flowplayer}MEAÑO>
Inicio Salnés - Caldas








