SANXENXO> O consorcio de empresarios turísticos de Sanxenxo da por perdida a campaña de Semana Santa. Aínda así os establecementos estarán preparados para abrir as súas portas se a situación mellora. O obxectivo do sector pasa por salvar a campaña de verán.
A terceira vaga de contaxios e as restricións impostas para enfrontarse a ela, deixan ao sector turístico practicamente pechado. A hostalería non pode abrir as súas portas e os hoteis mantéñenas pechadas dado a falta de visitantes. Dende o sector dan por perdida a semana santa.
Os establecementos estarán preparados para traballar en caso de que a situación mellore. Pero piden ás administracións axudas en caso de que se manteña o peche.
O obxectivo do sector turístico pasa por salvar a campaña de verán.
A pesar do retraso da vacinación, dende o sector tamén advirten que xa demostraron o ano pasado que os seus establecementos son seguros.
A liberdade de mobilidade é vital para o sector, xa que a maioría dos seus visitantes proveñen do territorio nacional. Dende o Cets piden á poboación responsabilidade individual para frear o virus canto antes e reactivar a economía co regreso do sector hostaleiro.