Afectados polo polígono Industrial de Tremoedo reúnense ca promotora

    reunion_tremoedo_100.jpgCAMBADOS > Esta tarde reuníronse en Cambados a Plataforma de Veciños Afectados polo Proxecto do Parque Industrial de Tremoedo con…

    … responsables da empresa promotora Xestur- Pontevedra; que será quen execute o antedito proxecto da Consellería de Política Territorial. Esta xuntanza estivo propiciada pola equipa nacionalista da comarca e a nivel autonómico, quen salientou o seu convencemento de que ía a ser posible chegar a un acordo cos veciños a través do diálogo para chegar a executar esta infraestructura tan necesaria para a comarca do Salnés, de onde, aseguraron, aínda sigue emigrando xente para traballar.

    Pola súa banda, a xerente de Xestur amosou a súa dispoñibilidade para escoitar os veciños e aceptar modificacións puntuais ó proxecto.

    Respecto a este mesmo polígono, o Concello de Cambados ven de amosar a súa disposición para apoiar ós veciños da parroquia de Oubiña. Estes afectados teñen medo a que este macropolígono afecte moi seriamente á zona da ladeira do Monte Lobeira, e que iso derive en posibles asolagamentos na zona.

    Asemade, anunciou a súa postura contraria á creación deste macropolígono, por entendela como innecesaria se, no seu canto, se promovese a ampliación dos parques empresarias xa existentes na comarca.

     Razóns polas cales xa ten decidido presentar as súas correspondentes alegacións.

    A partir desta reunión, que se prolongou durante máis de dúas horas, os técnicos estudiarán e darán resposta ás tres solicitudes básicas dos veciños; que se afaste o perímetro do polígono das vivendas; que se proceda á perfecta canalización das augas pluviais e que o polígono depure no seu recinto as augas residuais.

    Redacción Salnés