Preocupación en Cambados polo prestixio da vieira

    CAMBADOS> De novo este ano, foron pillados en Ferrol uns furtivos que vendían vieira a varios establecementos de restauración;…

    {flowplayer}images/salnes/vieira2.flv{/flowplayer}

    …. cando está totalmente prohibida a súa extracción en toda Galicia por conter toxina amnésica. Dous dos catro detidos nesta operación Capacho xa pasaron a disposición xudicial acusados dun delicto contra a saúde pública. Mentres tanto, en Cambados acollían a nova preocupados posto que accións coma esta sementan a dúbida sobre a calidade deste producto.

    Para os cambadeses este delicto dóelles aínda máis cando son os profesionais da restauración os principais clientes desta mercancía roubada, que non cumpre cas garantías de sanidade regradas.

     Tamén en Cambados están a sufrir o delicto do furtivismo con esta especie, razón pola cal lembran que hoxe por hoxe non se pode vender en vieira fresca de Galicia posto que está prohibida a súa extracción por mor da antedita tóxina. Para evitar posibles fraudes desde a Confraría cambadesa aconsellan ós clientes esixir en calquera local a etiqueta do producto, onde se reflicte toda a súa trazabilidade e se garante a súa salubridade.

    Pola súa banda, os mariscadores de cambados agardarán ata datas próximas ó Nadal para reabrir a súa campaña que adoita durar uns dous meses. Con todo, este ano non as teñen todas consigo porque é un producto que non se desprende facilmente da toxina que lle está a afectar arestora e que ata mantén pechada a zona 2 da Arousa para os bivalvos.

    Redacción Salnés