Fole pide aos candidatos que definan as ‘liñas vermellas’ nun ‘Código de Boa Oposición’

    VILAGARCÍA> O Partido Popular de Vilagarcía xa ten o seu propio código ético. Os membros da candidatura que encabeza Tomás Fole presentaron hoxe un “Código de Bo Goberno local”. O documento vai asinado por todos, e recolle un decálogo de boas intencións para traballar en dous eixos: transparencia e legalidade e proximidade e información. Agora piden á oposición que asinen tamén un “Código de Boa Oposición”.

     

    Para o rexedor e alcaldable popular, nos catro anos que leva gobernando o seu equipo cumpriu coa transparencia e a legalidade, aínda que se pon deberes na información aos cidadáns.

    Tomás Fole asegurou que o PP goberna dende o exemplo. Non así a oposición. Ante as acusacións que os tres principais partidos de falta de transparencia, o candidato popular failles varias preguntas.

    Ademais de pedir respostas, Fole esixiu á oposición que asinen un “Código de Boa Oposición”.

    O popular acusou aos demais candidatos de lanzar propostas nos seus programas que despois non explican aos cidadáns.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/19/pp_villa_codigo_etico.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/19/pp_villa_codigo_etico.mp4{/flowplayer}