O partido popular de Boiro denuncia deficiencias na sinalización da autovía

    ppdeficienciasinalizacionautovia_100_220908.jpgBOIRO > Instan a Consellería de Politica Territorial a velar pola seguridade dos usuarios desta infraestrutura viaria

    Segundo os populares, a deficiente sinalización maniféstase tanto na sinais horizontais como nas verticais.

    Non existen marcas luminosas nin refectantes e os indicadores informativos son escasos e deficientes e en xeral non cumpren coa normativa vixente. Esta situación de potencial perigosidade agrávase durante a noite.

    {flowplayer}barbanza/ppdeficienciasinalizacionautovia.flv{/flowplayer}

    Rotondas deterioradas 

    Os populares tamén denuncian a dificultade que teñen os vehículos de grandes dimensións para xirar nas rotondas de saída e entrada ao polígono de Espiñeira o que as deteriora significativamente e provoca situacións de risco para o resto de automóbiles.

    Irresponsabilidade da CPTOPT

    Así, dende a agrupación popular critican a irresponsabilidade da Consellería de Política Territorial que aseguran está máis preocupada por velar polos intereses da empresa adxudicataria que pola seguridade dos cidadáns e lle solicitan que poña os medios necesarios para a correcta sinalización de acordo coa normativa legal aplicable en materia de seguridade.

     

    Redacción Barbanza