O IES Ramón Cabanillas de Cambados prepara numerosas actividades para celebrar o seu 50 aniversario

CAMBADOS> O IES Ramón Cabanillas prepara un amplo programa de actividades para celebrar, ao longo de todo o curso escolar, o 50 aniversario do centro. O 7 de outubro comezará unha celebración que estará dedicada a unha temática diferente cada mes. Nas actividades participará toda a comunidade educativa, incluíndo antigos alumnos e mestres.

O instituto Ramón Cabanillas de Cambados está de aniversario. O centro cumpriu o pasado ano 50 voltas a sol pero a súa celebración terá lugar ao longo deste curso escolar. Durante todos os meses, o instituto levará a cabo numerosas actividades.

O instituto ten preparado unha programación que se centrará cada mes nunha temática diferente.

E entre as temáticas, por suposto, non pode faltar o propio Ramón Cabanillas.

Para organizar as actividades, creouse unha comisión formada por toda a comunidade educativa pero tamén por antigos mestres e alumnos que participarán nas celebracións.

O acto inaugural terá lugar o día 7. Nel terán lugar diferentes discursos, despregarase unha bandeirola do artista e antigo alumno Fernando Arena, colgarase un reloxo solar dos anos 90 feito no centro e plantarase unha árbore.