Éxito organizativo do Cpto. de España Master Snipe

snipe250_220908.jpgSALNÉS > Vilagacía acolleu o VII Campionato de España de Clase Snipe, en categoría Master. O navegante local Juan Luis Pérez Lafuente estivo a un paso de deixar o título na casa pero perdeuno na derradeira manga.

En Vilagarcía reuníronse esta pasada fin de semana as 38 mellores embarcacións do país en Clase Snipe. Tratábase do Campionato Nacional desta clase en categoría Master, é dicir, para veteráns, onde os dous tripulantes da embarcación debían superar entre ambos a suma de 80 anos de idade.

A organización desta proba, normalmente celebrada na Manga do Mar Menor, correspondeu nesta oitava edición ó Real Club de Regatas Galicia, que en colaboración coa Autoridade Portuaria, Martín Códax e Concello de Vilagarcía, fixo un gran papel como anfitrión.

No estrictamente deportivo, o título de campión absoluto foi a parar a mans de José García Soto, do Náutico de Santander, que acompañado polo seu tripulante Guillermo Ramos a bordo do Gabriela Onofre fixéronse tamén coa victoria en categoría Master, de máis de 55 anos.

O vilagarcián Juan Luís Pérez Lafuente e o seu tripulante Carlos Barca, a bordo do Pomba, mantiveron o liderato tralas catro primeiras mangas pero non foron quen de retelo o domingo ante o empuxe da embarcación cántabra. Sí que se levaron, por contra, o título en categoría junior e o Trofeo Ramiro Carregal Rey.

En categoría Gran Máster, para patróns maiores de 65 anos, o título queduse en Vilagarcía debido á victoria do Supimpa, do Real Club Regatas Galicia de Julio Rasilla, levándose tamén o Trofeo Consignataria García Reboredo-Premio Deputación de Pontevedra.

A entrega de trofeos tivo lugar na Praza da Peixería, logo dunha comida á que invitou a organización. Paralelamente á competición, os participantes puideron desfrutar do gran número de actividades programadas, cócteles ou unha visita á Martín Códax. O campionato, que en tódolos aspectos, estivo á altura agardada.

Redacción Salnés