O Ribadumia levou o derbi da Senra

RIBADUMIA> Era a primeira vez que os locais se enfrontaban en Terceira ó Arosa, e o encontro non puido ofrecer un mellor espectáculo futbolístico. Dous a un quedou o marcador. Os equipos marchan de vacacións de Nadal quintos os de Ribadumia e oitavos os arlequinados. O Pontevedra mantense líder mentres que o Boiro segue sen levantar cabeza e o Sanxenxo conserva o cuarto posto. Comezaba o partido na Senra co saque de honra do recén elixido presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, e seguía cun recital de boas xogadas, oportunidades e goles que deron a vitoria ós locais. Dous a un rematou o primeiro derbi de Ribadumia e Arosa en Terceira División. Changui foi o encargado de materializar os tantos da vitoria que permitirán ó equipo marchar de vacacións de Nadal nun cómodo quinto posto con 29 puntos. Iniciaron o encontro con garra, achegándose os dous á portería rival pero sen tino para materializar. Houbo un primeiro intento de Changui no minuto once que quedou en nada. O Arosa plantaba cara, tivo dúas oportunidades boas, pero o marcador non se iluminou ata o final da primeira parte, cando Changui obraba o primeiro gol dos locais. Á volta do descanso o Ribadumia entraba no campo con máis forza ca nunca, e un penalti a favor pitado a catro minutos do comezo daba de novo a Changui a oportunidade de ouro para aumentar a vantaxe sobre os vilagarciáns. O encontro semellaba sentenciado, pero os de Piscis sacaron forza e no 53 Rivas aproveitaba un centro de Eloy para marcar de cabeza o 2 a 1 final do encontro. O Ribadumia remata así quinto na táboa, Arosa oitavo con 27 puntos e a clasificación da terceira queda ata a volta das vacacións liderada polo Pontevedra. Os granates venceron tamén nesta xornada na casa por 2 a 1 fronte ó Alondras. O resto de encontro remataron con vitoria do Sanxenxo por 4-2 ante o Barbadás, que os deixa cuartos, mentres que o Boiro continúa sen levantar cabeza en postos de descenso. Onte empatou a ceros na casa do Cultural Areas. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/22/GOLCHANGUI.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/22/XORNADA_TERCEIRA.mp4{/flowplayer}