Novos peches nos enlaces de acceso a autovía da Barbanza

    pechesautovia_100_220908.jpgBARBANZA > Esta semana están previstos obras de asfaltado da calzada esquerda e manteranse cerrados os enlace de Rianxo e Pobra Norte

    A Dirección Xeral de Obras Públicas traballa coa previsión de realizar ao longo desta semana un peche puntual no enlace de Rianxo e no da Pobra Norte.

    Peche total en Pobra Norte

    Durante varios días realizaranse labores de asfaltado na calzada esquerda en Rianxo e na totalidade do enlace na Pobra, polo que neste último o corte será total en ámbolos dous sentidos da circulación.

    {flowplayer}barbanza/pechesautovia.flv{/flowplayer}

    Peche parcial no enlace de Rianxo

    No tocante a Rianxo, o primeiro día de peche impedirá o movemento de saída de vehículos cara Rianxo para os que circulan en sentido Ribeira-Padrón.

    O resto de días que dure o corte, ademáis, non poderán incorporarse dende Rianxo en sentido Ribeira-Padrón.

    O que sí se permitirá durante toda a semana é a circulación pola marxe dereita, polo que os vehículos que veñen dende Padrón poderán sair no enlace de Rianxo e se poderán incorporar neste punto todos aqueles que se dirixan cara Ribeira.

    O inicio dos traballo e o seu desenvolvemento dependerá de que haxa condicións climatolóxicas favorables.

    En calquera casao, todos os cortes estarán debidamente sinalados ao longo da semana.

    Redacción Barbanza