Preto dun millar de alumnos inician as probas de selectividade

    selectividadecopy.jpgPONTEVEDRA> Os repasos de última hora e os nervios foron a imaxe do día. Haberá que agardar ó 17 de xuño para coñecer os resultados.

    {flowplayer}images/salnes/COMEZA_SELECTIVIDADE_2011.flv{/flowplayer}

    Hoxe arrancaron as probas de selectividade na Comunidade Galega que se prolongarán ata o venres. Máis de dez estudantes concorren este ano nos exames de acceso á universidade. Destes, preto de mil o fixeron no campus de Pontevedra nas Facultades de Ciencias Sociais e Enxeñería Técnica de Forestais.

     Sen dúbida, os repasos de última hora e os nervios foron a imaxe da xornada. Nervios que se disiparon ó longo do día. Para moitos o resultado destes exames vai condicionar ó acceso ós estudos universitarios que desexan.

    Hoxe foi a quedan das materias comúns e mañá e o venres serán os exames específicos. Despois de dúas semanas de preparativos, estes estudantes confían en que os esforzos dean os seus froitos.

    Unha vez superadas as probas, terán que agardar ata o 17 de xuño para coñecelos resultados. Os que non as pasen terán outra oportunidade en setembro.

    Redacción Salnés