Muros acometerá dúas obras hidráulicas para eliminar vertidos ó río Valdexería

MUROS> O concello de Muros avanza en materia de saneamento con dúas obras que se executarán proximamente. As intervencións previstas en Esteiro e Serres teñen como obxectivo erradicar os vertidos ó río Valdexería.

Nos próximos días sairán a licitación dúas obras en infraestruturas hidráulicas que permitirán ó concello de Muros eliminar un importante foco de vertidos ó río Valdexería.

A primeira das actuacións, no lugar de Freixeiros en Esteiro, ascende a máis de douscentos mil euros e ademais da renovación da rede contempla o acondicionamento de tódalas conducións da zona. A obra prevista na Avesada, en Serres, suporá un custo aproximado de cento corenta mil euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí