A directora xeral de AGADER destaca o labor de AMICOS como dinamizador local

BOIRO> A directora Xeral de AGADER visitou esta mañá as instalacións de AMICOS en Comoxo. A Axencia Galega apoio nos seus inicios a constitución desta entidade que hoxe en día converteuse xa nun referente a nivel de integración social e desenvolvemento local.

Hai algo máis dunha década, AMICOS poñía en marcha un dos seus proxectos máis ambicioso: a construción dunha residencia para a atención de persoas con discapacidade.  Dende os seu inicios contou co apoio da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural que ó longo destes anos seguiu contribuíndo ó crecemento da entidade tanto mediante fondos propios como transferidos a través dos fondos FEDER.

A directora de AGADER visitou esta mañá as instalacións de AMICOS en Comoxo onde puido comprobar como ó longo destes máis de 20 anos consolidouse como unha entidade de referencia en toda Galicia traballando pola integración social dos usuarios e o desenvolvemento local das súas zonas de influencia.

Durante a visita, a directora xeral constatou tamén o bo avance das obras que permitirán ampliar a capacidade da residencia de AMICOS así como dotar de novos espazos ó centro de día e ó módulo de formación e emprego.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí