Máis de 1.000 participantes na Carreira Escolar do Salnés

 SANXENXO> Este venres celébrase a Carreira Escolar do Salnés, unha proba na que se espera a participación de preto dun milleiro de corredores. O evento foi presentado esta mañá pola concelleira de deportes, Isabel González, mailos representantes do Colexio Abrente, que organiza a proba.

{flowplayer}images/salnes/CarreiraEscolarSanxenxo_080513.flv{/flowplayer} 

A Carreira Escolar do Salnés chega á súa edición número 20 e faino con expectativas de superar o seu record de participación, situado nos 970 que correron en 2011. O venres espérase superar a cifra dos 1.000. Trátase dun evento organizado polo Colexio Abrente de Portonovo, aberto a todo o mundo, non só a escolares, xa que pais e amigos de alumnos, así como alquera afeccionado ó atletismo, pode participar.

Xa teñen confirmada a súa asistencia os colexios de Meaño, Vilagarcía, O Grove, Vilanova ou Meis. Os corredores serán distribuídos por categorías de idade; para cada unha delas hai asignada unha distancia que non superará en ningún caso os catro quilómetros.Tódolos percorridos discorrerán polo entorno do colexio Abrente, na zona de Adina.

Para abiri boca, esta tarde ás 16:30 celebrouse a 'Minicarreira', no patio do Abrente, no que participaron nenos e neas de 3, 4 e 5 anos. Os maiores terán que agardar ata o venres. O pistoletazo de saída darase ás 11:00.

Redacción Salnés