![]()
O GROVE > Emgrobes desenvolverá un Plan Estratéxico sobre a economía do Grove e a súa área de influencia en colaboración coa CEP.
{flowplayer}images/salnes/convenioemgrobes.flv{/flowplayer}
O GROVE > Potenciar a formación continua, o intercambio de experiencias e o desenvolvemento de accións conxuntas en prol da dinaminación económica. Estes son os obxectivos do convenio de colaboración asinado esta mañá polos responsables de Emgrobes e a Confederación de Empresarios de Pontevedra. A novidade será un Plan Estratéxico para o presente e Futuro da Economía do Grove e a súa área de influencia.
Na firma do convenio estivo tamén o alcalde do Grove. Os empresarios aproveitaron para lembrar vellas reivindicacións, como continuar a autovía do Salnés ata a vila, apostar pola ría e aprobación do PXOM. O rexedor recoñeceu estas necesidades, sobre todo a última, precisa para desenvolver solo industrial no concello.
O acordo de Emgrobes coa CEP inclúe tamén un Plan de Formación, cun mínimo de dous cursos de contabilidade e riscos laborais, e un Ciclo de Xornadas Informativas, sobre Empresa Familiar, Xestión de Persoal, Fiscalidade ou Laboral, entre outros.
Redacción Salnés







