Teófilo Edicións presenta ‘Boas Noites, Vilagarcía’

    boas_noites_vilagarcia100.jpgVILAGARCÍA> Trátase dun libro no que se ofrece un percorrido fotográfico pola fisonomía nocturna do concello arousán, unha viaxe para soñar.

    {flowplayer}images/salnes/BOAS_NOITES_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    No Auditorio de Vilagarcía déronse cita numerosas autoridades e cidadáns que desexaban coñecer o libro Boas Noites Vilagarcía. Entre os presentes, estiveron o presidente da Deputación, Rafael Louzán, o vicepresidente, José Juan Durán, a alcaldesa de Vilagarcía, Dolores García, o tenente de alcalde, Xosé Castro Ratón, e o presidente da Autoridade portuaria, Javier Puertas.

    Nas súas intervencións, todos destacaron o carácter solidario da obra, da que se destinará parte dos beneficios a Proxecto Home.

    O presidente da autoridade portuaria, definiu Boas Noites, Vilagarcía, como unha verdadeira obra de arte.

    A través desas case 100 fotografías, preséntase un orixinal percorrido polo rueiro vilagarcián, convidando ó lector a descubrir outra perspectiva do municipio. José Luis Teófilo recoñeceu que con este libro, volve a pasear unha vez máis, polas rúas da súa cidade.

    Teófilo dedica este libro á súa nai, que describiu como unha persoa de gran corazón, da que todos debiamos aprender para crear unha sociedade xusta.

    Redacción Salnés