Localizan ileso e preto da súa casa un veciño enfermo de Alzheimer desaparecido onte

    MEIS> A desaparición dun veciño de Meis enfermo de Alzheimer quedou finalmente nun susto.

    Emilio Abal Noya, de 78 anos, apareceu esta mañá desorientado pero san e salvo e moi preto da súa vivenda. A familia dera a voz de alarma onte ao redor das 10 da noite, despois de que Emilio saíra dar un paseo pero non volvera a casa. A partires do aviso, Garda Civil, Protección Civil e moitos veciños da zona montaron un amplo dispositivo para atopar ao home. Na busca tamén contaron co apoio da unidade canina de A Estrada.