Pontevedra acollerá 10 eventos deportivos, nacionais e internacionais, neste 2018

Pontevedra> Pontevedra acollerá neste 2018 10 eventos deportivos extraordinarios, é dicir, nacionais e internacionais. Serán citas, que segundo a concelleira de Deportes, traerán a Pontevedra arredor de 40 mil persoas. Anxos Riveiro dixo esta mañá que Pontevedra é a cidade a nivel nacional que máis eventos deportivos escolares organiza, segundo un informe do Consello Superior de Deportes. 

Pontevedra acollerá 10 eventos deportivos extraordinarios neste 2018. O primeiro xa tivo lugar a comezos deste mes co campionato de Balomnán, a este seguiranlle máis citas deportivas vencelladas coa loita, o waterpolo, a natación, orientación, tenis de mesa, tenis, triatlón, squash , carrilanas e piragüísmo.

Estes eventos deportivos traerán a Pontevedra arredor de 40 mil persoas en 2018. Tres destas competicións servirán para testar aos circuítos e instalacións internacionais de 2019, como por exemplo o campionato de España de loita que será toda unha proba de cara ao europeo Junior que acollerá Pontevedra no 2019.

A repercusión económica de todos estes eventos é moi importante pata a cidade, por exemplo, co Campionato de España de seleccións territoriais e o Memorial Domingo Bárcenas a cidade de Pontevedra, contou, no mes de xaneiro, unha época do ano baixa turísticamente, cunha ocupación do 70 por cento.