Se lles gusta o fútbol de nivel, esta fin de semana teñen unha cita en O Salnés. A XXVI Edición do Torneo de Fútbol de Ribadumia, que este ano organiza o Club Deportivo de Ribadumia, enfrontará aos dous conxuntos locais contra o Zacande e o Sanxenxo. Ribadumia ten moito que ofrecer a todos os que se acheguen a vila. Esta fin de semana, e coincidindo coa celebración da tradicional Festa do Pan, chega a vila o XXVI Torneo de Fútbol Ribadumia. Un evento deportivo que enfrentará aos dous conxuntos locais contra O Zacande e o Sanxenxo. O primeiro choque terá lugar as 18:00h mentres que o segundo farao as 20:00h do sábado, deixando a final que enfrontará aos gañadores de cada partido, nunha gran final o domingo a partir das 20:00horas. Este torneo xogarase no campo municipal de A Senra e no descanso da final o domingo, aproveitarase para outorgar uns pequenos recoñecementos, tal e como sinalou o alcalde da localidade. Cabe destacar a importancia da existencia dos dous equipos locais; O Club Deportivo Ribadumia e o Umia, porque na actualidade están a formar a uns 400 rapaces en materia futbolística.
Inicio Salnés - Caldas