Educación denega a subvención ó curso de formación de adultos

    anabelcarro100_240908.jpgCAMBADOS > A Consellería de Educación vén de deixar sen subvención ó curso de formación de adultos, que leva 15 anos celebrándose en Cambados.

    {flowplayer}images/salnes/adultos.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS > Sorpresa no Concello de Cambados. A Consellería de Educación denegoulle ó a subvención anual para o curso de formación de adultos, que se impartía nas dependencias da escola taller da Xuventude.

    O goberno local lembra que este municipio foi un dos pioneiros en dar clases de ensino secundario a adultos, un servizo que leva 15 anos prestando. O Concello afirma que sempre tivo un alto nivel de demanda e que para este ano tiña xa 40 alumnos matriculados e mesmo pensaba contratar un segundo mestre.

    Di o Concello que nos últimos cursos acudiron unha media de 25 persoas por día que se presentaban a exame cada dous meses. O grupo dividíase en dúas aulas con 20 alumnos cada unha, pasando exame no Instituto de Educación Pública de Adultos de Pontevedra. Agora, buscarán outras vías de financiamento.

    Redacción Salnés