![]()
VILAGARCÍA> Son os representantes de pais, nais, alumnos e mestres. Quéixanse da actitude ‘ditatorial’ da directora.
{flowplayer}images/salnes/DIMISION_CONSELLO_ESCOLAR_CONSERVATORIO.flv{/flowplayer}
Nela figuraba un único punto na orde do día: a solicitude por parte do consello escolar de que se inicien os trámites oportunos para elixir unha nova xunta directiva. Nada máis dar comezo a reunión, a actual directora do centro presentou un escrito no que alegaba que o consello escolar non tiña competencias legais para instar a que se reabrise este proceso. Os representantes de nais, pais, mestres e alumnos aseguran ter consultado a lexislación e aseguran que si lles recoñece este dereito.
Por todo isto, once dos catorce membros presentes onte nesa reunión decidiron dimitir se non muda o funcionamento deste órgano. Esixen unha participación máis democrática e denuncian que a actual directora leva sete anos mandando ó seu antollo.
O outro branco das críticas é a delegada do concello no consello escolar, a edil de Educación Susana Camiño. Os representantes de pais, nais, mestres e alumnos aseguran que onte faltou á xuntanza e nin sequera xustificou a súa ausencia. Unha falta de respecto, din, e un desprezo cara os demais membros. Suxírenlle que dimita, xunto coa da directora.
Redacción Salnés








