Alumnos do CEIP de Portosín deixan de asisitir a clase pola falla dun profesor

    naisportosin_100_240908.jpgPORTO DO SON > Un grupo de pais de alumnos do CEIP de Portosín decidiron  non enviar ós seus fillos ó colexio como medida de protesta.

    {flowplayer}barbanza/naisportosin.flv{/flowplayer}

    Séntense indignadas. Dende o inicio do curso este grupo de nais de alumnos de primeiro curso de primaria do CEIP de Portosín veñen demandándolle á Consellería de Educación a contratatación dun mestre que se encargue da formación dos seus fillos. Unha praza que a propia Consellería decidira crear o pasado mes de febreiro atendendo a unha solicitude formulada dende o propio centro educativo. Polo que non entenden este cambio de actitude. 

    Mestres de garda

    A consecuencia desta situación, e ante a falla dun profesor titular, os quince nenos que cursan estudos de educación primaria neste colexio sonense son atendidos por mestres de garda, ou de especialidades como Música, Educación Física ou Relixión que segundo os plans iniciais se ían dedicar a levar aulas de apoio para aqueles rapaces con dificultades.

    Como protesta, este mércores non enviaron ós seus fillos ó colexio, unha medida que teñen previsto continuar nos vindeiros días se non se produce un cambio de postura por parte da Consellería.

    Redacción Barbanza