Miles de devotos reúnense en Bealo para render homenaxe ó San Ramón

BOIRO> A parroquia boirense de Bealo viviu hoxe o seu día grande coa celebración do San Ramón. Miles de romeiros ateigaron a carballeira na que se empraza a capela para render homenaxe ó santo e disfrutar dunha xornada festiva.

Os oficios relixiosos sucedéronse cada hora pero especial solemnidade viviuse na misa cantada da unha da tarde e posterior procesión. Entre os asistentes, moitas embarazadas que acoden a San Ramón na procura dun bo parto.

Movidos ben pola devoción ou polas ganas de pasalo ben, o certo é que a romaría máis lonxeva do Barbanza volveu bater récord de asistencia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí