A Pobra rende unha homenaxe á muller rural

    POBRA> A asociación de Mulleres da Barbanza levou a cabo onte pola tarde un homenaxe á muller labrega no Instituto Social da Mariña na Pobra do Caramiñal. A actividade contou coa participación de mulleres de diversos puntos da comarca que dedicaron toda a súa vida ó agro. É o caso de María, unha veciña de Mazaricos, que relatou no propio acto detalles da súa vivenza labrega, comparando o pasado e o presente desta profesión. O acto iniciouse con duas proxeccións de imaxes de mulleres labregas e a continuación tivo lugar unha mesa redonda. Na actividade tomaron parte ó redor dunhas trinta persoas.