![]()
VILANOVA> Os proxectos presentaranse ante a Xunta unha vez que tome posesión o Executivo de Alberto Núñez Feijóo.
{flowplayer}images/salnes/130309_gonzalo_por_proxectos.flv{/flowplayer}
Atrás quedaron os insultos e improperios ao goberno da Xunta de Galicia dende o concello de Vilanova. Dende que o pasado 1 de marzo, o PP gañara as eleccións ao goberno autonómico, o alcalde de Vilanova substituíu o discurso crítico pola presentación de iniciativas. Durán afirma que o municipio estaba marxinado polo executivo de Touriño e que isto cambiará ao mudar o presidente da Xunta. Un cambio que, segundo Durán, debería facerse, de inmediato.
Gonzalo Durán presentará un proxecto ao executivo autonómico para construír dous centros de día para a terceira idade. Un no centro do municipio e outro na zona interior, nas inmediacións de Baión.
O primeiro edil de Vilanova asegura que, coa toma de posesión de Alberto Núñez Feijoo, comezarán a planificarse varios proxectos firmados na etapa de Feijoo como presidente da Cotop, como son a piscina e o centro de Talasoterapia e as beirarrúas na estrada comarcal 549, entre Vilagarcía e Cambados.
Redacción Salnés







