O alcalde de Caldas e o líder do PSdeG cargan contra a lei termal elaborada pola Xunta

CALDAS> O alcalde de Caldas carga contra a lei termal elaborada pola Xunta. Juan Manuel Rey di que o texto prioriza demasiado aos actores privados fronte os públicos. Esta mañá estivo o municipio o líder dos socialistas galegos que, sobre este asunto, demandoulle ao goberno de Feijóo un plan que permita que sector xere máis emprego.

A nova lei termal elaborada pola Xunta non gusta ao concello de Caldas. O alcalde cre que favorece demasiado ao privado fronte o público. O alcalde di estar ‘ocupado e preocupado’ neste asunto. Cre que a Xunta debería defende-lo de todos e non só o duns poucos.

O alcalde abordou este asunto esta mañá nunha reunión co líder dos socialistas galegos. Gonzalo Caballero reclamou á Xunta que desenvolva un plan termal que poña en valor esta cuestión e que axude a fomentar o emprego.

O secretario xeral do PSdeG tamén tratou co alcalde a situación de varias infraestruturas que precisan de melloras, entre elas, o polígono industrial e a mellora de varias estradas da rede viaria.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí