SANXENXO> O Salnés conquistou os xornalistas madrileños que estes días visitaron a comarca. O balance do presstrip organizado pola Mancomunidade con profesionais especializados en viaxes, non puido ser máis positivo. Todos destacaron a calidade e a profesionalización do sector turístico da zona, ademais da tranquilidade do entorno e dos seus múltiples encantos.
Tranquilidade e calidade. Este é o titular que para os participantes no presstrip organizado estes días pola Mancomunidade do Salnés mellor define o seu paso pola nosa terra. Durante catro días, estes xornalistas especializados percorreron os encantos da comarca.
Moitos deles xa coñecían Galicia, pero os xornalistas chamaron a atención sobre a colaboración entre os diferentes concellos para traballar a prol dunha promoción conxunta. Tamén a aposta polo turismo de experiencias.
Coa viaxe desterraron tópicos e valorar moitos dos atractivos que ofrece Galicia.Destacaron os importantes avances da comunidade, como a profesionalización do sector e a conciencia medioambiental. Aínda que recoñeceron que a gastronomía é un dos nosos fortes.
Con estes resultados sobre a mesa, a Mancomunidade reafírmase na súa aposta por este tipo de actividades promocionais. Propostas que buscan amosar os encantos do Salnés sobre o terreo.