SANXENXO> O conselleiro de Sanidade visita o centro de Saúde de Baltar en Sanxenxo para coñecer as súas necesidades. Julio García Coomesaña mantivo un encontro co persoal do centro e do concello para estudar a posibilidade de aumentar as instalacións. Tamén reclamou a especialidade de urxencias para poder dotar ao ambulatorio con máis persoal.
O conselleiro de Sanidade visitou o centro médico de Baltar en Sanxenxo para comprobar o estado das instalacións tralas melloras realizadas pola Xunta o pasado ano. A pesar dos máis de 100 mil euros investidos no ambulatorio e a contratación de 4 novos médicos, as críticas pola saturación do centro foron constantes no último ano. Para aumentar o persoal, a xunta crea a figura do facultativo especialista en atención primaria.
Unha destas prazas iría destinada ao centro médico de Baltar. Dando resposta á demanda do concello de Sanxenxo para aumentar o persoal do ambulatorio. Aproveitando a visita, dende o concello tamén solicitaron ao conselleiro ampliar as instalacións do centro.
O conselleiro recolleu a petición e revisou xunto cos técnicos do concello e co persoal do centro as necesidades que ten o ambulatorio. Comprometéndose a estudar a posibilidade de ampliar a instalación.
Dende o concello matizaron a importancia que ten este centro médico para o concello. Xa que durante o verán, a poboación á que da cobertura multiplícase por seis.