García defende que Catoira conta agora con máis espazos verdes

    garca_fonte_gaiteira_100.jpgCATORIA > As protestas da plataforma de afectados de Fonte Gaiteira, que se opoñen á construción do auditorio e da nova casa consistorial neste terreo propiedade do …

    … Concello, supoñen para o rexedor de Catoira ir en contra do progreso de vila. Alberto García asegura que as novas instalacións públicas se van construír no mellor sitio do municipio e, en contra do que critican dende a plataforma, que asegura que van supoñer a perda de espazos verdes, o alcalde defende que se ampliaron en máis de 6.000, os metros cadrados destinados para zona verde trala aprobación do proxección.

    Alberto García tamén critica a postura do BNG local, que apoia ás reivindicacións da plataforma e intentou paralizar en dúas ocasións o proxecto. O rexedor asegura que con esta actuación o Bloque está antepoñer os intereses particulares de dúas persoas ós de todo o Concello. E é que segundo o alcalde, os afectados pola construción do edificio son só dúas familias que alegan que as instalacións lles van restar vistas ás súas vivendas.

    O rexedor de Catoira tamén defende a postura da Subdelegación do Goberno de prohibir a concentración convocada pola plataforma para este domingo ó medio día, xa que a petición non se formulou no prazo de días legalmente establecido nin se podía realizar no interior do terreo xa valado para a construción do edificio multiusos.

    As novas instalacións, que se calcula estarán rematadas dentro de dous anos e que contan con financiamento municipal, da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia, albergarán espazos para un auditorio e unha nova casa consistorial. Tamén terán aulas para usos múltiples, para biblioteca e as asociacións culturais e sociais da vila, que agora teñen que empregar locais alugados.

    Redacción Salnés