Os traballadores de Clesa abandonan o encerro tras recibir boas novas

    encerro_traballadores_Clesacopy.jpgCALDAS> Na reunión desta mañá, os administradores concursais comprometéronse a tomar unha decisión na primeira quincena de xaneiro.

    {flowplayer}images/salnes/RESULTADO_REUNION_CLESA.flv{/flowplayer}

    A reunión entre unha representación da Xunta, administradores concursais e Feiraco estaba prevista para as once e media da mañá. Dúas horas e media máis tarde, segundo nos explicou a Presidenta do Comité de Empresa de Clesa, recibiron unha chamada do Conselleiro de Economía e Industria para comunicarlles o resultado da xuntanza. Dolores Ramos non quixo desvelar ningún tipo de información pero confesou que foron novas tranquilizadoras.

    Isto foi o que motivou ós traballadores da fábrica para abandonar o encerro que comezaron onte pola tarde para esixir un acordo. Ramos explicou que agardarán á reunión da comisión de seguimento do vindeiro venres para facilitar novos datos.

    Pola súa banda, desde a Xunta informaron, a través dun comunicado de prensa, que, na xuntanza celebrada en Madrid, amosaron o seu apoio á oferta de Feiraco por considerala a ‘mellor proposta para garantila continuidade da planta’ e por que conta, ademais, coa confianza dos traballadores de Clesa.

    Ademais, os administradores concursais comprometéronse ante a Xunta a tomar unha decisión na primeira quincena de xaneiro.

    Segundo sinalaron desde o goberno autonómico, no encontro analizaron ‘aspectos técnicos da proposta de Feiraco e defendeuse a súa solvencia desde o punto de vista técnico, económico e de emprego’.

    Redacción Salnés