O obradoiro de emprego de Cambados reforma a planta baixa da Merced que será a sede da Policía local

CAMBADOS> A policía local de Cambados conta os día para instalarse na súa nova sede. As obras de remodelación do baixo da Merced entran na súa fase final, o obradoiro de emprego está dando os últimos retoques para concluír o traballo. A policía municipal contará agora cunha sede máis ampla e moderna.

As obras de remodelación da planta baixa da Merced están practicamente rematadas. O obradoiro de emprego da vila, que se encargou de realizar o proxecto, ten pendente os últimos detalles para concluír a remodelación.

Dende o concello destacan o traballo dos participantes do obradoiro de emprego.

O seu bo facer permitiu que as arcas do concello só necesitase de menos de 40 mil euros para realizar a reforma.

O baixo se converterá na nova sede da policía local. A instalación conta con todas as demandas das forzas de seguridade municipais como salas administrativas, de xuntanzas, de atestados e diferentes despachos. Para a policía local é un cambio substancial.

Os últimos detalles remataranse ao longo da vindeira semana. Posteriormente terá lugar a instalación do mobiliarios o que porá fin a obra. Nun prazo de dúas ou tres semanas, a policía local de Cambados xa se poderá instalar na súa nova sede.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí