Portonovo – Arousa: un derbi de urxencias

futbol250_260908.jpgSALNÉS > A vxornada de fútbol que se aveciña trae consigo o segundo derbi da temporada. Portonovo e Arousa buscarán a victoria o vindeiro domingo en Baltar, os locais, para tomar aire na clasificación e os vilagarciáns para tratar de estrear dunha vez por todas o seu casilleiro de victorias.

{flowplayer}images/salnes/portonovoArousa_260908.flv{/flowplayer} 

Chega o segundo derbi da temporada, Portonovo – Arousa. Un encontro de urxencias, aínda que tan só se leven disputadas catro xornadas; para os locais as cousas están un pouquiño mellor despois da victoria en Cangas do pasado domingo.

Por contra os vilagarciáns teñen comezar a sumar xa, non poden prolongar máis a mala xeira de resultados que arrastran neste inicio de temporada. Os dous adestradores din que os planteis, chegan coa moita moral a este encontro.

Para o Arousa ademais do xa gran aliciente dos tres puntos ante un rival agora directo, está tamén o tratar de romper unha xeira de dezaseis anos sen gañar en Baltar, dende a 92-93. Os portonoveses por suposto, intentarán prolongala. 

Pese a rivalidade deportiva e a necesidade do triunfo polos dous bandos, ambos técnicos, Milucho e Laxes,  recoñecen coñecerse mutuamente ademais de ser moi bos amigos, non en van coincidiron no Arousa hai catro anos cando Milucho era adestrador do primeiro equipo e Laxes do xuvenil.

A falta de dous adestramentos e se non pasa nada estrano, Curiel non estará por parte dos locais, mentres que os visitantes recuperan a Luis Alberto, teñen a dúbida de Chiño que se está a recuperar dunha escordadura de nocello, mentres que Dani Conde e Hugo Soto continúan lesionados. O derbi, o domingo ás 17:00 no campo de Baltar.

Redacción Salnés